Dúas bágoas por máquina / Fina Casalderrey ; ilustraciones Lino Fernández
por Casalderrey, Fina (1951-)
; Fernández, Lino [ilustrador/a]
.
Tipo: 

Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Dispoñibilidade | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|
CEIP Saco e Arce Sala préstamo | Dispoñible | OEC047000008935 |
|
|||
CEIP Saco e Arce Sala préstamo | Dispoñible | OEC047000008936 |
|
|||
CEIP Saco e Arce Sala préstamo | Dispoñible | OEC047000008937 |
|
Xusta é unha nena que tiña un can chamado Máquina. Un bo día desaparece o can e pasan varios días sen que apareza. Xusta e o seu irmán Moncho arman un plano para ilo buscar, de xeito que non van á escola pero non conseguen dar con Máquina, aínda que si se monta un rebumbio impresionante no colexio, na súa familia e na aldea. O caso é que o can, que llo regalara seu pai nun aniversario, non era moi apreciado polo resto da familia, a avóa tíñalle unha especial animadversión e o propio pai, que quedara no paro, acabou por abandonalo nunha estrada.Ignorante durante moito tempo desta situación, Xusta segue devecendo polo seu can. Dende que llo regalaran, unicamente o seu avó (xa morto) e mais ela apreciaban o can. Unha vez que descobre o abandono do can polo seu pai, este, arrepentido, trata de recuperalo. Un bo día, cando Xusta ía pilla-lo autobús para o colexio, aparece Máquina correndo cara a ela. Como remate, o can salva á avoa de ser atropelada por un coche pero morre na súa valente acción. Pasado o tempo, Xusta farase veterinaria e, na súa consulta, encol da mesa ten sempre unha foto de Máquina. Ningún can, dos moitos que tivo, chegou a ocupa-lo sitio de Máquina no seu corazón.
Premio Merlín de Literatura infantil e xuvenil 1991