Contos sen fronteiras / Xavier Frías Conde e outros
by OLI; Yáñez Casal, Antonio; Frías Conde, Francisco Xavier; Mejuto, Eva; Castelao, Patricia; Frías Conde, Xavier [Author].
Type: BookSeries: Lagarto pintado.Publisher: A Coruña :Xunta de Galicia ,2007 Edition: 1 Ed.Description: 85 p. :il. ;21cm.Subject(s): Relatos | Emigración | Diversidade | AventurasOnline resources: Click here to access onlineThis record has many physical items (156). Click here to view them all.
Contos sen fronteiras é un libro de relatos curtos publicado pola Xunta de Galicia en conmemoración do Día Internacional do Libro Infantil.
A historia de Carpatín, o monstro comexiz ; O cágado e o lagarto ; O meu amigo Ash ; O rei de Litonia
"A historia de Carpatín, o monstro come xiz", por Xavier Frías Conde.
O relato é dun monstro que non é aceptado na súa aldea polo que decide ir ao mundo dos humanos. Instálase no cuarto da limpeza nunha escola e descobre o xiz, un alimento que lle encanta. Ante a masiva diminución do xiz, o director da escola reduce o seu uso, polo que o protagonista pasa fame. Un día descóbreo unha nena chamada María, e o monstro vaise asentando na escola e consegue cantar no coro. Unha vez, antes de cantar, comeu xiz e saíulle unha forte voz que asustou a todos. Desta forma decidiu volver ao seu mundo e aterrar a todos cantando.
"O cágado e o lagarto", por Eva Mejuto.
Este conto é unha historia que relata unha nena chamada Rita a súa amiga chamada Sara, para que poida durmir. Esta narración contoulla no pasado unha coidadora dun orfanato. Sara córtalle todo o rato a Rita porque quere coñecer detalles da súa vida, así que ela acaba falando do seu pasado.
"O meu amigo Ash" por Oli.
A historia trata dun neno inmigrante que chega a Galicia e se fai amigo dun neno chamado Ash. A medida que a trama transcorre coñécense detalles da vida do rapaz do Senegal e as diferenzas de costumes entre os dous. Insístese no axiña que o rapaz aprende o galego, e ao mesmo tempo, os seus compañeiros palabras da súa lingua natal ou algunha lenda do seu pobo.
"O rei de Litonia", por Antonio Yáñez Casal.
A derradeira narración é dun rei que non ten conto, e quere buscar un pero non o atopa. Nin os seus súbditos, nin os seus conselleiros, nin se queira no estranxeiro. Un bo día faláronlle ao monarca dun ladrón de cousas que un non conta, e este decidiu chamarlle para que lle roubara un relato. Pero en vez diso, o ladrón levouse a súa obsesión polo seu conto. Deste modo, os seus vasalos libres da obsesión do soberano comezaron a redactar esta historia.
1º-2º ESO