Costas, Ledicia

Escarlatina, a cociñeira defunta / Ledicia Costas - 15ª ed. - Vigo : Xerais , 2014 - 167 p. : il. cor ; 18 cm - Merlín ; 238 .

Premio Merlín de Literatura Infantil 2014
Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro Infantil 2014
Premio Fervenzas Literarias á Mellor Portada de LIX 2014
Premio Neira Vilas ao mellor libro Infantil e Xuvenil do ano 2014
Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, 2015
Lista de Honra do IBBY, 2016
Recomendado pola "Guía de literatura infantil e xuvenil para a igualdade" da Xunta de Galicia

Como Román Casas quería ser un auténtico chef, pediulle aos seus pais un curso de cociña para o seu décimo aniversario, que coincide co Día de Defuntos, a festa dos mortos. E nese día tan especial recibiu un megasusto, un agasallo moi singular, un cadaleito acompañado dun sobre negro onde viñan as instrucións para activar a Escarlatina, unha cociñeira falecida no século XIX que nunca se separa de Lady Horreur, un arrepiante arañón con acento francés. A bordo do mortobús, os tres novos amigos e mais o gato Dodoto viaxarán ao Inframundo, onde os defuntos viven baixo as ordes de Amanito, o tirano que goberna no Alén coa axuda dos funguiños: os seus terroríficos esbirros. Unha ducia de moi gorentosas e larpeiras receitas, as máis sabedeiras do mundo dos vivos e dos mortos, dan paso a cada un dos bocados desta historia de humor macabro que estimula o apetito do lector e a curiosidade polo mundo da cociña.

5º-6º Primaria

9788499147390




Receitas de cociña
Samaín
Amizade
Morte
Humor
Día de defuntos
Misterio
Solidariedade

82-N

Powered by Koha